FUEGO Y MAR IMPARTE CURSO DE TRANSPORTE SANITARIO

25. 09. 16
 Fuego y Mar, con ampla traxectoria na formación sanitaria e 13 edicións xa impartidas do Certificado Profesional de Transporte Sanitario, organiza un novo curso que dará comezo o vindeiro 26 de setembro.
 
Características principais do curso:
  • Modalidade: online, para favorecer a conciliación e facilitar o acceso dende calquera punto.
  • Duración: 638 horas de formación.
  • Requisitos de acceso: ESO, competencias clave N2 ou título de FP.
Este certificado profesional ofrece unha cualificación recoñecida a nivel nacional, cunha alta empregabilidade no sector das emerxencias sanitarias e do transporte asistencial.
 
As prazas son limitadas e están a cubrirse con rapidez. Actualmente teñen dispoñibilidade na quenda de tarde (de 15:30-20:30) polo que recomendamos tramitar a inscrición canto antes. Recordar que estes horarios únicamente afectan ás sesións presenciais, que serán tan só 20 repartidas ao longo do curso.
 
Para máis información ou para formalizar inscricións:
  • Teléfonos: 881 083 914 | 638 017 639
  • Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.