AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA CONVOCA PROBAS DE AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS NO SEU NIVEL DE INICIACIÓN

25. 09. 11

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel Iniciación.

Datas e realización das probas

1. As probas desenvolveranse os días 29, 30 e 31 de outubro de 2025.

2. Terán lugar segundo o calendario que figura no anexo II, onde se relacionan os lugares con aulas CeMIT dispoñibles, as prazas convocadas por cada localidade, as datas e os horarios de realización.

Solicitudes de participación e prazo de inscrición

1. As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización do prazo de inscrición.

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. Os datos persoais cos que a persoa se inscriba na páxina web da Rede CeMIT serán os que se tomen de referencia durante todo o proceso de selección para a participación nas probas e a posterior emisión das certificacións. A Amtega non se fai responsable da emisión de certificacións con datos incorrectos por erros na inscrición ás probas.

4. O prazo para a inscrición será de catorce (14) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250910/AnuncioG0177-020925-0001_gl.pdf