O GOBERNO AMPLIA A 19 SEMANAS O PERMISO POR NACEMENTO, ADOCIÓN OU ACOLLEMENTO DUN/HA MENOR. COMO SOLICITAR A PRESTACIÓN

26. 02. 25

19 semanas para cada unha das persoas proxenitoras

32 semanas en familias monoparentais

 

PERSOAS BENEFICIARIAS: 

Persoas traballadoras que tiveron ou van ter fillas ou fillos por parto ou adopción.

Persoas traballadoras que acolleron ou van acoller a menores baixo o seu cargo. Ademais, esta prestación tamén se pode solicitar nos casos de falecemento dun recentemente nado despois do parto ou ante un aborto a partir dos 180 días de embarazo (neste último caso, só poden solicitar a prestación as nais biolóxicas).

Requisitos:

- Atópaste de alta ou nunha situación asimilada ao alta na Seguridade Social e estás ao corrente no pago das cotas (en caso de ser responsable da túa cotización).

- Atópasche nalgunha destas situacións:

a) Es menor de 21 anos na data do nacemento, adopción ou acollemento.

b) Tes entre 21 e 25 anos na data do nacemento, adopción ou acollemento e cotizaches polo menos 180 días en toda a túa vida laboral, ou 90 días nos últimos 7 anos anteriores ao momento do inicio do descanso laboral.

c) Tes 26 anos ou máis na data do nacemento, adopción ou acollemento e cotizaches polo menos 360 días en toda a túa vida laboral, ou 180 días nos últimos 7 anos anteriores ao momento do inicio do descanso laboral.

Documentación:
 
- Documento de identidade das persoa solicitante. Se te vas identificar electronicamente, só necesitarás certificado dixital ou Cl@ve.
- Certificado de empresa para a solicitude de prestación, só nos casos de persoas traballadoras por conta allea. Este documento debe ser enviado pola empresa a través do sistema Rede e debe incluír a data de inicio e fin de goce da prestación.
- Ademais, poderías necesitar documentos adicionais en función da situación.
 
Prazos:
 
Podes solicitar a prestación para partir do día seguinte ao do nacemento ou a adopción e ata 5 anos despois desta data.
Algunhas situacións permiten adiantar a solicitude ata 4 semanas con respecto á data prevista: Nais biolóxicas que desexen iniciar o descanso laboral antes do parto. Persoas adoptantes en casos de adopción internacional que requiran do desprazamento previo a outros países.
 
En calquera caso, ten en conta que a cobranza da prestación ten unha retroactividade máxima de 3 meses con respecto á data de solicitude.
 
Duración e períodos de descanso:
A prestación dá lugar a un período de descanso cunha parte obrigatoria de 6 semanas continuadas e unha parte adicional voluntaria, cuxa duración e forma de goce é variable.
 
Período de descanso obrigatorio: as 6 primeiras semanas de forma continuada en todos os casos.
Períodos de descanso voluntario: 11 semanas en períodos semanais durante o primeiro ano (22 semanas en familias monoparentais). 2 semanas en períodos semanais ata os 8 anos de idade do menor (4 semanas en familias monoparentais).
 
Existen outras prestacións compatibles que poderían estar relacionadas coa túa situación e que tamén podes solicitar:
 
1) Prestación de pago único por nacemento ou adopción múltiples. Persoas que tivesen dúas ou máis fillas ou fillos por nacemento ou adopción á vez.
2) Prestación de pago único en familias monoparentais, numerosas ou con proxenitores con discapacidade superior ao 65%.
 
 
No caso da ESTRADA este trámite podes facelo PRESENCIALMENTE nas oficinas que o INNSS ten no antigo centro de saúde, con CITA PREVIA: https://w6.seg-social.es/ProsaInternetAnonimo/OnlineAccess?ARQ.SPM.ACTION=LOGIN&ARQ.SPM.APPTYPE=SERVICE&ARQ.IDAPP=CPMSWACS&ORGANISMO=I