CONCELLO DA ESTRADA: CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO ESCOLARIZACIÓN CURSO 2025/2026

25. 08. 28

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO ESCOLARIZACIÓN CURSO 2025/2026

O obxecto da convocatoria é regular o procedemento para a concesión de subvencións a familias residentes no concello de A Estrada, para o financiamento dos gastos derivados da escolarización dos membros da unidade familiar para o curso 2025/2026 en centros educativos sostidos con fondos públicos, relativos a:

• Adquisición de libros de texto e material escolar curricular dos/as nenos/a matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil.

• Servizo de comedor das/os alumnas/os matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria.

Estas axudas van dirixidas prioritariamente a menores de familias en situación de desvantaxe social e con menor poder adquisitivo.

TIPOS DE AXUDAS.

• Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para a 2ª etapa de Educación Infantil. No concepto de material escolar inclúese todo o material preciso para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada centro educativo e as súas técnicas de aprendizaxe.

• Axudas para o pago do comedor escolar (de setembro a xuño, ambos incluídos) para alumnas/os matriculadas/os nos niveis de Educación Infantil,Educación Primaria e Educación Secundaria.

Serán destinatarias da convocatoria as unidades familiares empadroadas no Concello da Estrada que teñan menores ao seu cargo, escolarizados no curso académico 2025/2026 na segunda etapa de educación infantil, Educación Primaria ou Educación Secundaria nalgún centro de ensino público ou sostido con fondos públicos da Estrada.

En cada unidade familiar só un dos seus membros terá a condición de persoa beneficiaria das axudas, e poderanse conceder tantas axudas como número de menores utilicen o servizo de comedor e/ou estean matriculados na 2ª etapa de educación infantil.

A contía das axudas en cada unha das modalidades para o curso 2025/2026 son:

1.- Axuda para o pago de material escolar

• O importe máximo da axuda e de 100 euros por alumno/a. As axudas abonaranse en función do gasto realizado e xustificado, dando lugar, se é o caso, a unha minoración da contía inicialmente concedida.

2.- Axuda para o pago do comedor escolar

Segundo a puntuación total acadada na valoración das solicitudes conforme os criterios de valoración e baremación establecidos no apartado 9 o importe da axuda para pago de comedor escolar a conceder segundo o intervalo da puntuación acadada será seguinte:

• De 0 a 5 puntos: 30% do gasto

• De 6 a 10 puntos: 50 % do gasto

• De 11 a 15 puntos: 75% do gasto

• De 15 a 20 puntos: 100% do gasto

O importe da subvención a pagar será a porcentaxe que corresponda sobre o gasto xustificado, deducindo o importe de outras axudas ou/outras subvencións recibidas. Cun importe máximo da axuda de 1000 euros por unidade familiar.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte da publicación das Bases da Convocatoria no Boletín Oficial de Provincia de Pontevedra e permanecerá aberto ata 20 días hábiles seguintes: 3 DE SETEMBRO

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/08/05/2025055165

Máis información: Diríxete aos SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DA ESTRADA; chamando aos teléfonos: 986 677 691 ou 986 677 696