ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE BOLSAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE DE APOIO EDUCATIVO

25. 05. 08

Xa podes solicitar as axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2025-2026

📆Poderanse pedir ata o 11 de setembro.

Por primeira vez, as solicitudes deben presentarse de maneira telemática.

Que persoas poden solicitar esta axuda? As axudas están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:
 
- Discapacidade
- Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe
- Trastorno do espectro autista
- Altas capacidades
 
Para que estudos podes solicitar esta axuda? Podes solicitar esta axuda para os seguintes niveis non universitarios:
 
- Educación Infantil
- Educación Primaria
- Educación Secundaria Obrigatoria
- Bacharelato
- Ciclos Formativos de Grao Medio e de Grao Superior
- Ensinos artísticos profesionais
- Formación Profesional de Grao Básico 
- Programas de formación para a transición á vida adulta
- Outros programas formativos de Formación Profesional