A EU celebra os 40 anos de Schengen con 40.000 billetes de tren GRATIS para mozos/as
Se naciches entre xaneiro e decembro de 2007, non te perdas esta oportunidade
Inscrición ata o 13 de novembro
Que é DiscoverEU?
DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que che ofrece a posibilidade de viaxar e explorar a diversidade de Europa, aprender sobre o seu patrimonio cultural e a súa historia, e conectar con persoas de todo o continente.
Ofreceráseche un bono de viaxe co que poderás desprazarte cos medios de transporte máis respectuosos co medio ambiente, como os trens. En casos determinados, como o das persoas que viven en illas ou en zonas remotas, permitiranse outros modos de transporte.
Tamén recibirás unha tarxeta de descontos DiscoverEU que poderás aplicar a moitos descontos en aloxamento, cultura, deporte, transporte local ou outros servizos.
REQUISITOS:
- Para poder participar, tes que: nacer entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 31 de decembro de 2007 (ambos inclusive);
- Encher o formulario de solicitude en liña cun número de documento de identidade, de pasaporte ou de tarxeta de residencia legal válido;
ser cidadán ou residente* dun dos países seguintes: un dos Estados membros da Unión Europea, incluídos os países e territorios de ultramar (PTU), ou un dos terceiros países asociados ao programa Erasmus+: Islandia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Noruega, Serbia e Turquía.
- Aceptar a declaración do formulario de solicitude.
* Para máis información, consulta o apartado sobre normas «2. Candidatos admisibles». A continuación, terás que responder a un cuestionario (agás se presentas a túa candidatura como membro dun grupo).
Se resultas seleccionado/a, poderás facer unha viaxe de entre 1 e 30 días de duración nun período de viaxe que empezará o 1 de marzo de 2026. O período de viaxe finalizará en maio de 2027.
Podo viaxar cos meus amigos/as? Si, claro.
Podes ir só ou engadir ata a un máximo de catro amigos/as no teu grupo, que deberán cumprir as condicións de admisión anteriores.
Os outros membros do grupo utilizarán o teu código de candidatura para presentar a súa propia.
Tamén podes combinar plans de viaxe con outros participantes de DiscoverEU. Para iso, o medio ideal é o grupo DiscoverEU de Facebook. Úneche agora ao grupo para chatear con outros participantes.
Unha vez que foses seleccionado/a, as axencias nacionais de Erasmus+ axudaranche a establecer contactos e a informarche mediante a organización de reunións de preparación e quedadas de viaxeiros.
TODA A INFORMACIÓN: https://youth.europa.eu/discovereu_es
