PROPOSTA DE BASES REGULADORAS DO PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO COMO TITORES/AS DE EMPREGO PARA O PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE CUNTIS 2025/26
A duración dos contratos dos postos convocados terá un prazo previsto que irá dende o día 10 de novembro de 2025 ata o día 14 de outubro de 2026 e, en todo caso, estará vinculada ao período de DURACIÓN DO Programa Integrado do Concello de Cuntis 2025/26.
A selección realizarase mediante o sistema de concurso de valoración de méritos.A selección realizarase mediante o sistema de concurso de valoración de méritos.
Para aqueles candidatos/as que non acrediten o CELGA 4 realizarase unha proba de coñecementos conforme ao previsto na base sexta das presentes bases.
Publicitarase a convocatoria a través da publicación dun anuncio nun diario dos de maior difusión na provincia e publicación no taboleiros de anuncios dos Concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Portas , Barro , A Estrada e Moraña, e nas súas respectivas páxinas WEB.
O prazo de presentación de solicitudes será de CINCO (5) días naturais contados dende o día seguinte á publicación do correspondente anuncio na prensa, que coicidirá coa data de publicación do anuncio na sede electrónica municipal (http://concellodecuntis.sedelectronica.gal/info.1) e no taboleiro de anuncios do Concello de Cuntis.
MODELO DE INSTANCIA: AQUÍ
APERTURA DE PRAZO: XOVES, 6 ATA O LUNS 10 DE NOVEMBRO
