O GOBERNO APROBA NOVAS AXUDAS AO TRANSPORTE PÚBLICO 2025

25. 09. 30
As novas bonificacións inclúen tarifas reducidas no transporte público estatal e autonómico, un billete único de proximidade por 20 euros ao mes, a gratuidade para menores de 15 anos e axudas para promover o uso das bicicletas compartidas.
 
As novas bonificacións, recollidas no Real decreto-lei aprobado o 28 de xaneiro de 2025, abarcan un billete único de proximidade para todas as zonas e núcleos de España por 20 euros ao mes, a gratuidade de todo o transporte público colectivo para menores de 15 anos, descontos especiais para mozos, tarifas máis reducidas para o resto de usuarios recorrentes e novas axudas para promover o uso da bicicleta como medio de transporte cotián.
 
Novas tarifas segundo idade e transporte Menores de 15 anos:
- Transporte público gratuíto. Isto inclúe o tren (Proximidades e media distancia convencional), os autobuses estatais e o transporte urbano e interurbano, competencia de entidades autonómicas e locais.
 
- Mozos entre 15 e 26 anos: abono mensual de proximidade por 10 euros e descontos do 70% no tren de media distancia convencional e no abono recorrente para os servizos de autobús estatal.
 
- En canto ao transporte urbano e interurbano, o abono novo conta cun desconto do 50%. Neste caso, a idade para ser usuario do abono novo defínea a propia comunidade autónoma.
 
Maiores de 26 ou adultos: abono mensual de 20 euros para Proximidades e desconto do 40% para o abono mensual do tren de media distancia e do 50% para os autobuses estatais.
 
Nos abonos do transporte urbano e interurbano, o desconto é do 40%.
 
Os títulos multiviaxe, como os bonos de 10 viaxes, teñen, con carácter xeral, un desconto do 40% para todos os transportes (Proximidades, media distancia, autobús estatal e transporte urbano e interurbano).
 
Os abonos Avant contan, para todas as franxas de idade, cun desconto do 50%.
 
Descontos en transporte autonómico e local
En canto ao transporte urbano e metropolitano de titularidade autonómica e local, o Ministerio financia a súa gratuidade para os menores de 15 anos e un desconto do 50% para abonos novo.
 
No resto dos títulos -salvo os turísticos, os sinxelos e os de ida e volta- promóvese un desconto de, polo menos, o 40%, que deberá ser cofinanciado ao 20%.