CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS DESTINADAS Á MODERNIZACIÓN E MELLORA DAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DAS PERSOAS AGRICULTORAS MOZAS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 11 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á modernización e mellora das explotacións agrarias das persoas agricultoras mozas, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR405H).

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas, as persoas agricultoras mozas titulares dunha explotación agraria que teña unha axuda concedida pola intervención 69611 en convocatorias anteriores, ou as persoas xurídicas titulares dunha explotación agraria na que se instale unha persoa agricultora moza que teña unha axuda concedida pola intervención 69611 en convocatorias anteriores.

O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 %, cun máximo de 75.000 euros/UTA e un límite de 250.000 euros/beneficiario. 

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250625/AnuncioG0426-110625-0005_gl.pdf