XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA EMEGA PARA FOMENTAR O EMPRENDEMENTO FEMININO (FONDOS EUROPEOS) (2)

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

ORDE do 18 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI429A).

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, de asesoramento e de orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

O programa Emega comprende as seguintes modalidades de axuda:

a) Emega Emerxe: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

b) Emega Impulsa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación, a consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade, dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia, a consolidación e a mellora.

En ningún caso as ditas medidas poderán consistir na destrución do emprego existente por conta propia e allea.

c) Emega Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

d) Emega Concilia: axuda complementaria das modalidades Emerxe, Impulsa e Innova para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen o seu plan de reactivación e/ou mellora no período comprendido entre o 14 de agosto de 2025 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes determinado no artigo 10.1, sempre que cumpran todas as condicións e os requisitos comúns e os específicos da correspondente modalidade ou tipo de axuda previstos nesta orde, así como na normativa xeral de subvencións, en particular, as exixencias establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no seu regulamento.

Cando se trate de empresarias individuais, a solicitude deberá ser presentada pola traballadora autónoma.

Cando a actividade empresarial sexa realizada por unha sociedade civil, comunidade de bens, entidade sen personalidade xurídica, sociedade mercantil, cooperativa ou sociedade laboral, a solicitude de subvención deberá ser presentada por esta, e non serán válidas nin admisibles as solicitudes presentadas polas socias ou comuneiras a título persoal.

LIÑAS: 

a) Emega Emerxe: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea;

b) Emega Impulsa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación, a consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade, dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia, consolidación e mellora.

No mes de finalización do prazo de presentación de solicitudes, debe acreditarse un período mínimo de tres anos de realización efectiva da actividade empresarial.

c) Emega Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovida por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea;

d) Emega Concilia: axuda complementaria das modalidades Emerxe, Impulsa e Innova para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

Contía das axudas:

a) Emega Emerxe: incentivos desde 10.000 € ata 22.000 €.

b) Emega Impulsa: incentivos desde 8.000 € ata 17.000 €.

c) Emega Innova: incentivos desde 18.000 € ata 42.000 €.

d) Emega Concilia: • Concilia-promotoras: incentivo de 3.000 €. • Concilia-persoas traballadoras por conta allea: incentivos desde 1.000 € a 5.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia

Se estás EMPADROADO/A NO CONCELLO DA ESTRADA desde o departamento de emprego botámosche unha man para a súa tramitación; podes pasarte polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa ou chamarnos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260703/AnuncioG0762-190626-0001_gl.pdf