No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 41, do 28 de febreiro de 2025, publicáronse as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
Unha praza de Administrativo/a, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, polo sistema de oposición, en quenda libre. Publicouse, así mesmo, un extracto da convocatoria no «Diario Oficial de Galicia» número 59, do 26 de marzo de 2025.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado»
https://www.boe.es/boe/dias/2025/06/03/pdfs/BOE-A-2025-11028.pdf