PROCESO SELECTIVO PARA O NOMEAMENTO DE FUNCIONARIO INTERINO/A E CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NO POSTO DE “AXENTE LOCAL DE INNOVACIÓN. RED IMPULSO”

Duración do contrato: Dende a data de toma de posesión e ata o 31 de decembro de 2025, coa posibilidade de prorrogar o nomeamento por o prazo máximo disposto no artigo 10.1 c) do TREBEP que establece que a execución de programas de carácter temporal, non poderán ter unha duración superior a tres anos, ampliable ata 12 meses máis polas leis de función pública que se diten en desenvolvemento deste estatuto (artigo 23.2 LEPG tres mais un) e sempre e cando se obteña a axuda en anos posteriores condicionado ao financiamento polo «Subprograma de Formación e Incorporación de Persoal Técnico e de Xestión da I+D+I, Programa de Recursos Humanos» do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2024-2027; e co obxecto de favorecer a continuidade dos traballos desenvolvidos ata a data polo/a axente local de innovación incorporado no seu día, no convencemento de que a permanencia de persoas xa formadas e implicadas directamente no desenvolvemento de proxectos no ámbito da innovación local non poderá máis que contribuír ao éxito destes.

As solicitudes para formar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como ANEXO I das presentes bases, no rexistro xeral do Concello de Ames ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no BOP

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2025/01/31/2025_0000000589.pdf