CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para elaborar a lista para o nomeamento de persoal interino para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestalcondutor de motobomba, subgrupo C2 (código de procedemento AP522T).

O prazo para a presentación de instancias será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 6.1 do Decreto 37/2006.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250115/AnuncioG0597-100125-0004_gl.pdf