UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de delineante, grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.
Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha (1) praza vacante na categoría profesional delineante, grupo III, do Convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), pola quenda de acceso libre.
O sistema de selección será o de concurso-oposición.
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260626/AnuncioG2018-150626-0002_gl.pdf

