Resolución do 8 de xuño de 2026, da Universidade de Santiago de Compostela , pola que se publica a convocatoria de probas selectivas para a provisión, polo sistema xeral de acceso libre, de prazas de persoal laboral fixo da categoría de Técnico/a Superior de Actividades Deportivas.

No «Diario Oficial de Galicia» número 88, do 13 de maio de 2026, publicáronse as bases da convocatoria polas que se rexerán as probas selectivas para cubrir dúas prazas de persoal laboral fixo, na categoría profesional Técnico/a Superior de Actividades Deportivas, grupo I, pola quenda de acceso libre.

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no «Boletín oficial del Estado»

https://www.boe.es/boe/dias/2026/06/15/pdfs/BOE-A-2026-12976.pdf