CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira.

O obxecto do proceso selectivo é a cobertura de unha (1) praza do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira, correspondente á oferta de emprego público do exercicio 2024, aprobada polo Decreto 198/2024, do 27 de decembro.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260605/AnuncioG0597-290526-0007_gl.pdf