CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidades técnica e xurídica.
O número de prazas convocadas na escala de inspección urbanística será de:
– Especialidade técnica, unha (1) praza.
– Especialidade xurídica, unha (1) praza.
O sistema selectivo será o de oposición.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260605/AnuncioG0597-290526-0008_gl.pdf

