CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A O NOMEAMENTO EN PROPIEDADE POLO PROCEDEMENTO ORDINARIO MEDIANTE OPOSICIÓN LIBRE DE UNHA (1) PRAZA DE ENXEÑEIRO TÉCNICO DE OBRAS PÚBLICAS MUNICIPAIS
As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ó Señor Alcalde, presentada no Rexistro Xeral do Concello ou ben na sede electrónica deste Concello(https://lalin.sedeelectrónica.gal),na que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Base Sétima desta convocatoria,durante o prazo deVINTE (20) DÍAS NATURAIS contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedeelectrónica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello, e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/06/05/2026046365

