CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados e letradas

O obxecto do proceso selectivo será cubrir dez (10) prazas, do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados e letradas, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2025, á que se acumulan as derivadas da oferta de 2023 segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2023, aprobada polo Decreto 143/2023, do 9 de novembro (DOG núm. 214, do 10 de novembro): oito (8) prazas de acceso libre.

– Oferta de emprego público do exercicio 2025, aprobada polo Decreto 109/2025, do 1 de decembro (DOG núm. 235, do 4 de decembro): dúas (2) prazas de acceso libre. Resérvase unha (1) praza para ser cuberta pola quenda de discapacidade. Resérvanse tres (3) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260528/AnuncioG0597-210526-0004_gl.pdf