CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA O POSTO DE AUXILIAR DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF) EN RÉXIME DE PERSOAL LABORAL FIXO
O prazo para a presentación de instancias, no rexistro xeral do concello (Rúa Progreso, núm. 41, Silleda), ou de forma telemática na Sede Electrónica do Concello de Silleda- (https://silleda.sedelectronica.gal/info.1) ou por calquera das formas que prevé o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, será de VINTE (20) DÍAS HÁBILES contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, unha vez publicadas as presentes no Boletín Oficial da Provincia e sen prexuízo de que se proceda a publicar o correspondente anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/04/29/2026034643

