CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidades de vixilancia de estradas e de mobilidade.
O número de prazas convocadas na especialidade de vixilancia de estradas será de dez (10), das cales unha (1) está reservada a persoas que acrediten discapacidade. Resérvanse tres (3) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre. Ç
O número de prazas convocadas na especialidade de mobilidade será de catro (4). Resérvase unha (1) praza para ser cuberta pola quenda de promoción interna; de non cubrirse, acumularase ás de acceso libre.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260416/AnuncioG0597-090426-0003_gl.pdf

