BASES DA CONVOCATORIA PARA CONTRATACIÓN DUN LOCUTOR DE RADIO NA FUNDACIÓN CULTURAL DA ESTRADA
O obxecto da convocatoria é a contratación dun locutor/a de Radio mediante contrato a media xornada, para realizar funcións de locutor de radio do grupo profesional 3. Técnicos, realización de control ou autocontrol, realización de cuñas publicitarias, e outras relacionadas co posto de locutor de Radio, que se designen dende a Dirección da emisora municipal.
O último día para presentar a documentación é o 22 de xaneiro no Rexistro da Fundación.

