BASES XERAIS DA CONVOCATORIA PARA CUBRIR EN RÉXIME DE INTERINIDADE UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A POLO PROCEDEMENTO DE OPOSICIÓN LIBRE PARA O DEPARTAMENTO DE URBANISMO E OBRAS, UNIDADE DE OBRAS E SERVIZOS BÁSICOS
O prazo para a presentación de instancias, no rexistro xeral do concello Praza da Constitución nº1, 36680 A Estrada), ou de xeito telemático na Sede Electrónica do Concello da Estrada https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0 ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de 2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, será de DEZ (10) DÍAS NATURAIS contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Se o derradeiro día fose inhábil o prazo rematará ao seguinte día hábil.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/10/30/2025071130

