UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2025 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de médico/a do traballo pola quenda de acceso libre.
Convócanse probas selectivas para cubrir unha (1) praza da categoría profesional de médico/a do traballo, grupo I, do Convenio colectivo para o persoal laboral da USC, pola quenda de acceso libre.
O sistema de selección será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións, estas axustaranse ao que se especifica no anexo I desta convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251017/AnuncioG2018-081025-0001_gl.pdf