O obxecto da convocatoria é a contratación dun locutor/a de Radio mediante contrato a media xornada interinidade por excedencia, cuxa duración estará determinada pola situación de excedencia da persoa titular do posto, para realizar funcións de locutor de magazine, realización de control ou autocontrol e realización de cuñas publicitarias, que cubrirán as tarefas que se viñan desenvolvendo neste posto, así como, as tarefas a maiores, relacionadas co posto de locutor de Radio, que se designen dende a Dirección da emisora municipal.

CONDICIONS DOS ASPIRANTES.CONDICIONS DOS ASPIRANTES.Os aspirantes estarán en disposición de cumprir os seguintes requisitos antes do remate do prazo de presentación de instancias:

  • Ter nacionalidade dun Estado membro da UE ou ser estranxeiro/a con residencia legal en España· Maior de 16 anos.
  • Estudos mínimos esixidos: B.U.P. ou F.P.2 ou equivalente.
  • Estar en posesión do título de: CELGA 4 ou equivalente.
  • Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impide o desempeño das funcións do posto de traballo.
  • Non estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.
  • Posuír o título exixido ou equivalente no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias.

O prazo para a presentación de instancias, no rexistro xeral da Fundación Cultural da Estrada Avda Benito Vigo 94 baixo 36680 A Estrada, será de DEZ (10) DÍAS NATURAIS contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio na web do Concello (14/10/2025)

Bases