XUNTA DE GALICIA CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN NA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO E CONSUMO

25. 04. 25

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 7 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN225A).

As bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo teñen como obxectivo contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e do seu ámbito.

A bolsa que se convoque desenvolverase dentro do programa de formación, elaborado pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo e dispoñible, xunto co procedemento, na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2025, cunha duración máxima de sete meses contados desde a data de incorporación das persoas bolseiras ata o 31 de decembro.

Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 8.400 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.200 € brutos ao mes.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250425/AnuncioG0767-080425-0005_gl.pdf