AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA CONVOCA 14 BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA NAS OFICINAS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DEPENDENTES DESA AXENCIA

26. 05. 11

AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de catorce bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes desta axencia, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento TU981A).

Esta resolución ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria de catorce (14) bolsas de formación práctica, en réxime de concorrencia competitiva, nas oficinas de información turística dependentes da Axencia de Turismo de Galicia para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas en oficinas de información turística dependentes da Axencia de Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma: 2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (rúa do Vilar), 2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (rúa Carretas), 2 bolsas na Oficina de Turismo da Coruña, 2 bolsas na Oficina de Turismo de Pontevedra, 2 bolsas na Oficina de Turismo de Vigo, 2 bolsas na Oficina de Turismo de Lugo e 2 bolsas na Oficina de Turismo de Ourense (código de procedemento TU981A).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260511/AnuncioG0256-270426-0001_gl.pdf