XUNTA DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA A CONCESIÓN DIRECTA DE AXUDAS E BOLSAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DO SISTEMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL DOS GRAOS A, B OU C

25. 10. 30

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 16 de outubro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, competencia deste departamento, ou de formación no traballo do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal correspondentes aos exercicios 2025 e 2026 (código de procedemento TR301V).

Esta orde ten por obxecto regular o réxime da concesión directa de subvencións, por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, ou de especialidades formativas do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal, financiadas por esta consellería (código de procedemento TR301V).

Non se inclúe no ámbito de aplicación desta orde a formación impartida nos programas integrados de emprego, nos obradoiros de emprego, nas accións formativas financiadas con fondos procedentes do Mecanismo para a recuperación e resiliencia ou con fondos provenientes da Unión Europea.

Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto desta convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde, así como os particulares establecidos para cada tipo de bolsa ou axuda.

Poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, tendo a condición laboral de ocupadas, adquiran posteriormente a condición de persoas traballadoras desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia con situación laboral como non ocupada durante o período de desenvolvemento da acción formativa.

As tipoloxías de bolsas e axudas reguladas nesta orde son as seguintes:

• Bolsas de asistencia para os seguintes colectivos

– Persoas con discapacidade recoñecida en grao igual ou superior ao 33 %.

– Membros integrantes dunha familia numerosa.

– Membros integrantes dunha familia monoparental.

– Vítimas de violencia de xénero.

• Axudas por participar na acción formativa:

– Para transporte público, urbano e interurbano, ou vehículo propio.

– Para manutención.

– Para aloxamento e manutención.

– Para conciliación.

A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito. A presentación da solicitude fóra de prazo dará lugar á súa inadmisión sen máis trámites.

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251030/AnuncioG0767-171025-0002_gl.pdf

ACCESO DIRECTO Á SOLICITUDE: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR301V&ano=2024&numpub=1&lang=gl

Para resolver DÚBIDAS: Teléfonos: 881 999 124/ 981 999 602