CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 11 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2024/25 (código de procedemento ED311E).
Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios.
A dotación para os premios será de 20.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.423A.480.1 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, dos orzamentos do ano 2025, que se distribuirán entre as persoas premiadas na mesma contía, e que non poderá exceder os 1.000 € por premio.
A concesión das axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado para este fin.
O alumnado que obteña o premio percibirá a dotación económica, de cumprir os requisitos establecidos no artigo 17 desta orde e, ademais, recibirá un diploma acreditativo.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250923/AnuncioG0761-110925-0004_gl.pdf