on 02 Mai 2022

Impulsa a cultura sostible e a responsabilidade social no teu negocio II

Cando: Martes 03 de maio de 17:30 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

 

Infografías: representa a información de maneira visual

Cando: Mércores 04 de maio de 18:00 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

Packaging, todo o que necesitas saber para o teu e-commerce

Cando: Xoves 05 de maio de 17:30 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Consulta todos os eventos: https://smartpeme.depo.gal/gl/eventos?_mrMailingList=41&_mrSubscriber=4827

on 28 Abril 2022

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2022 pola que se convocan cursos do módulo de Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias en espazos acuáticos naturais, incluído no Curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN-4), co obxectivo de acadar a formación mínima que debe reunir o persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Destinatarios/as

Persoas interesadas na inscrición no Rexistro Profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia na sección do persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais por medio da acreditación da formación mínima establecida no artigo 7 do Decreto 152/2021, do 21 de outubro.

O prazo de inscrición será de quince (15) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220428/AnuncioO3C2-200422-0001_gl.pdf

on 27 Abril 2022

Estas novas actividades de formación en Tecnoloxías de Información e Comunicacións (TIC) estas distribuídas por provincias, ofrecendo cursos moi interesantes para o mercado laboral como os seguintes:
 
Curso de Big Data Cursos de Paquete Office básico e avanzado.
 
Curso de creación de videoxogos con Unity Curso de Desenvolvemento de aplicacións web e móbiles sen programar « Low Code»
 
Curso de Xestión dela Seguridade Informática na Empresa
 
Curso de Desenvolvemento Web javaEE e Spring 5 Curso de Sistemas Cloud
 
Curso de Programador Android Curso de Programador Xava
 
A formación impártese na súa maioría na modalidade en liña e a data de inicio varía en función do curso e do destino. Podes consultar o catálogo completo no PDF publicado polo SEPE nesta ligazón: https://empleojob.es/el-sepe-publica-el-catalogo-de-cursos-de-formacion-tic-para-jovenes/
 
 
on 21 Abril 2022

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.

Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calquera dos seguintes requisitos:

a) Para o acceso ao ciclo inicial ou primeiro nivel de grao medio, dispor do título de graduado en educación secundaria obrigatoria na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo. Para o acceso ao ciclo final ou segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do ciclo inicial ou primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir a superación dunha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo.

b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación que se establece no anexo I desta resolución, ademais de cumprir os outros requisitos de carácter xeral e específico establecidos. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural da realización das probas.

c) As persoas que, estando matriculadas no cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, estean pendentes do procedemento de revisión no centro, ou de resolución da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a respecto de reclamación das cualificacións do curso 2021/22, deberán presentar igualmente a solicitude de inscrición no prazo establecido na instrución quinta, e poderán realizar a proba de acceso de grao medio de carácter específico. De permitir o resultado da reclamación a obtención do título de educación secundaria obrigatoria, estas persoas serán avaliadas da proba de carácter específico realizada.

d) A superación da devandita proba substitutiva do requisito de titulación de grao medio dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel I a que se refire a Orde ECD/158/2014, cos requisitos regulados nela.

e) A proba substitutiva do requisito de titulación de grao medio poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas: 1º. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional. 2º. Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional. 3º. Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao medio de artes plásticas e deseño. 4º. Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño. 5º. Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. 6º. Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de educación secundaria obrigatoria e/ou na proba específica de grao medio será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 29 de xuño de 2022, ambos os dous incluídos.

O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 23 de maio de 2022, ambos os dous incluídos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220421/AnuncioG0598-080422-0001_gl.pdf

on 20 Abril 2022
CURSO PRÁCTICO DE OPERARIO/A DE LAVANDERÍA INDUSTRIAL
 
LUGAR DE IMPARTICÍÓN: SANTIAGO DE COMPOSTELA
CENTRO DE FORMACIÓN: ILUNION LAVANDERIAS (POLÍGONO DO TAMBRE)
 
HORAS: 40
 
DATAS: 18/05/2022 ao 31/05/2022
 
OBXECTIVO: Desenvolver un nivel medio de destrezas e habilidades necesarias na produción dunha lavandería industrial.
Coñecer e poñer en práctica o proceso de clasificación, lavado, pasado o ferro e empaquetado de roupa.
 
PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 13 de maio.
 
 
O curso será eminentemente práctico, con posibilidades de inserción laboral na propia lavandería.
 
O alumnado dispoñerá dunha bolsa por asistencia ao curso de 10 euros diarios, que se podería incrementar se teñen fillos/as s a cargo, menores de 6 anos ou residen en diferente provincia á de impartición do curso
on 20 Abril 2022

Datas: 27 Abril 2022 e 03 Maio 2022

Modalidade: online

Persoas destinatarias: responsables de tratamento de datos de pemes e micropemes así como a profesionais interesados/as en coñecer as obrigas respeto ás normativas de protección de datos.

·       A actividade formativa é gratuíta, enmarcada no contexto do grupo de traballo de empresas do Nodo CIBER.gal.

·       Máis información e inscriciónshttps://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/proteccion-de-datos-conceptos-basicos-e-aplicacion-practica