on 31 Marzo 2022

O vindeiro LUNS 4 DE ABRIL, terá lugar unha charla informativa na Academia Galega de Seguridade Pública, na que persoal técnico da Xunta de Galicia explicarán todas as AXUDAS DE VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA e na se poderán aclarar todas as dúbidas que teñas

Data: luns, 4 de abril

Hora: 10,30 horas

Lugar: Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP (Rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra)

Ante o elevado número de consultas que temos en referencia a estas axudas, desde o Concello da Estrada facemos extensible á toda a cidadanía a asistencia a dita sesión informativa, se ben, por unha cuestión de aforo aquelas persoas que desexen asistir deberán inscribirse chamando ao departamento de emprego municipal: 986 677 740

 

on 30 Marzo 2022

Neste centro vanse a acreditar ditas Competencias Profesionais nos ciclos das seguintes familias profesionais:

• Familia de Madeira, Moble e Cortiza.

• Familia de Transporte e Mantemento de Vehículos.

Se necesitas máis información ou tes dúbidas sobre o proceso, podes poñer en contacto co IES no e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou no teléfono 886 151 924.

Presentación ARA.pdf

diptico acreditacion.pdf

on 28 Marzo 2022

As clases son telemáticas, mediante unha aula virtual onde una persoa impartirá o temario en directo. A data prevista  de inicio é o  11 de abril de 2022 (algúns días requerirán a asistencia presencial). A formación conta coa homologación da Consellería do Medio Rural.

Información completa: https://agaca.coop/gl/abre-a-matricula-ao-curso-de-incorporacion-a-empresa-de-vacun-de-leite-que-comeza-en-abril/?fbclid=IwAR0Lxk869Fm_5oD6nBbwCdCbzwoiMcWV45ybDYZVkep5BVPt7B1aSs7YWVs

on 18 Marzo 2022
A maior feira de emprego europea no sector turístico e da hostalería 
 
📆 22 de marzo
⌚ 10:30 CET
📍 En liña
 
Inscríbete aquí: https://t.co/wFmoF3oCyF
 
 
 Máis INFORMACIÓN: https://t.co/ELkNqT8bA4
 
on 18 Marzo 2022

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).

Persoas destinatarias.

As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e xuño de 2022, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.

As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220318/AnuncioG0598-100322-0001_gl.pdf

on 17 Marzo 2022

Requisito:

Grao de discapacidade psicosocial

Lugar de celebración: Boiro

Horas: 335

Comezo: 1 de abril

GRATUITO

Inscrición: No enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono: 981 865 716 ou 678 848 027