on 05 Agosto 2022

Curso: Bo Trato. Base para unha Vida Plena

Data de celebración: Sábado 24 de setembro de 2022.

Duración: 8 horas.

Horario: De 09:30 a 14:30 e 15:30 a 18:30 horas

Lugar de celebración: Salón de Actos de FADEMGA Plena inclusión Galicia. Vía Pasteur 53-B. Polígono Industrial do Tambre.15890 Santiago de Compostela (A Coruña)

Prezo: De balde. Subvencionado pola Xunta de Galicia, Conselleria de Política Social e Xuventude.

Nº prazas: 25 prazas.

Destinatarios/as: Profesionais do voluntariado e Voluntarios/as en entidades sociais

Prazo de inscrición: Ata o 12 de setembro de 2022. A admisión comunicarase vía e-mail o mércores 14 de setembro.

Máis información: Adxúntase ficha técnica e formulario de inscrición ou no seguinte hipervínculo:https://voluntariadogalego.org/axenda/curso-bo-trato-base-para-unha-vida-plena

on 03 Agosto 2022

Persoas destinatarias: persoas con discapacidade ou incapacidade laboral

DURACIÓN:
100 horas repartidas da seguinte maneira:
• • 30 horas teóricas
• 70 horas prácticas • FORMACION TEÓRICA: 23 de Setembro ó 30 de setembro
• HORARIO: 9 a 14 horas
• LUGAR: CUNTIS – Polígono Industrial A Rá s/n

DATAS:
• • FORMACION PRÁCTICA: 3 de outubro ao 28 de outubro (Horario flexible según empresa de prácticas).
Realizarase en empresas o máis cercanas posibles ó lugar de residencia da persoa participante

CONTIDOS:
UNIDAD DIDÁCTICA 1. ATENCIÓN Ó PÚBLICO E SERVICIOS OFERTADOS POLA ESTACIÓN DE SERVICIOS
UNIDAD DIDÁCTICA 2. FUNCIONAMENTO DA ESTACIÓN DE SERVICIOS. SURTIDORES E LIMPEZA
UNIDAD DIDÁCTICA 3. INFORMÁTICA E MEDIOS DE PAGO NAS ESTACIÓNS DE SERVICIOS
UNIDAD DIDÁCTICA 4. PREVENCIÓN DE RIESGOS EN ESTACIÓNS DE SERVICIOS
UNIDAD DIDÁCTICA 5: MANIPULADOR DE ALIMENTOS

AS PERSOAS INTERESADAS PODEN POÑERSE EN CONTACTO COA ENTIDADE ORGANIZADORA DO CURSO:

COGAMI PONTEVEDRA. Tlf: 986 863 709

on 02 Agosto 2022
Están dirixidos a persoas traballadoras ocupadas (do Réxime Xeral ou autónomos) de calquera sector produtivo.
 
Tamén poderían incluír a persoas desempregadas pero a prioridade son traballadores/as ocupados/as. Entrarían se quedan prazas libres de ocupados/as.
 
Non ten custo para as persoas participantes nin gasta crédito de formación. Esta totalmente subvencionado.
 
O que si se esixe é o 100% de asistencia ao mesmo pero haberá unha porcentaxe de horas que se poderá faltar con xustificación e que oscilará entre un 10% e o 20%.
 
Pero esas faltas deberán ser recuperadas para completar o 100% das horas da formación.
 
Se desexas participar nesta formación, debes enviar  a seguinte documentación:
 
FM121 cuberta cos datos dos alumnos.
Fotocopia do DNI e tarxeta sanitaria
Cabeceira de nómina ou recibo de autónomos ou Demanda de Emprego
 
As prazas asignaranse por estrita orde de chegada da documentación completa.
 
 
 
on 22 Xullo 2022

Plugins de WordPress para mellorar a túa web

Cando: Mércores 27 de xullo de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

Promociona o teu alugueiro vacacional en Booking

Cando: Xoves 28 de xullo de 11:00 a 12:00 horas

INSCRÍBETE

Ferramentas de Google para axudar ao teu negocio

Cando: Venres 29 de xullo de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 21 Xullo 2022

Xa están dispoñibles máis de 1.300 prazas de #formación en Galicia para mellorar a cualificación profesional do sector.

A Fundación Laboral da Construción Galicia vén de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para impartir 28 accións formativas, de carácter non formal, financiadas pola Unión Europea-Next GenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

 Toda a información: https://galicia.fundacionlaboral.org/actualidad/noticias/territorial/a-fundacion-laboral-de-la-construccion-ofrece-1300-prazas-de-formacion-en-galicia-para-mellorar-a-cualificacion-profesional-do-sector?fbclid=IwAR0odHym1b_9mJLTK9Krv1wyZHoW3mJ6G9wr9uAnjSeKN4XvkSjgb--l8T0

Listaxe de cursos: https://galicia.fundacionlaboral.org/formulario/contacto-cursos-subvencionados-2022?fbclid=IwAR0i7bOiCDhK6RzoPNIo9_cYGFqsSSW1zD8jAXg5RKkNFyjHcbW0JJ8VcHc

on 20 Xullo 2022

Prazo aberto de inscrición ata o 01/08/2022

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Trátase dun programa pioneiro promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Por que?

Porque desde a Xunta de Galicia queren favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional.

O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking e dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio.

Como?

A través das seguintes accións:

1. Traballo con persoas mentoras: apoio para a inserción laboral por conta propia ou allea, a través dunha persoa mentora,que será un profesional con experiencia no sector económico do teu interese.

2. Actividades formativas: de maneira presencial. semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o teu futuro desenvolvemento profesional.

3. Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).

4. Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.

Para?

As persoas destinatarias do programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

• Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego.

Para o caso de persoas emigrantes retornadas poderán ter rematado os estudios fóra de Galicia, sempre e cando os teñan correctamente homologados.

• Estar inscritas e ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciar as accións do programa.

• Ter máis de 18 e menos de 30 anos e 4 meses.

Cando?

Aberta a convocatoria da II Edición ata o 1 de agosto de 2022

INSCRÍBETE XA EN:  xuventudementoring.gal

https://www.xuventudementoring.gal/