Curso: Bo Trato. Base para unha Vida Plena
Data de celebración: Sábado 24 de setembro de 2022.
Duración: 8 horas.
Horario: De 09:30 a 14:30 e 15:30 a 18:30 horas
Lugar de celebración: Salón de Actos de FADEMGA Plena inclusión Galicia. Vía Pasteur 53-B. Polígono Industrial do Tambre.15890 Santiago de Compostela (A Coruña)
Prezo: De balde. Subvencionado pola Xunta de Galicia, Conselleria de Política Social e Xuventude.
Nº prazas: 25 prazas.
Destinatarios/as: Profesionais do voluntariado e Voluntarios/as en entidades sociais
Prazo de inscrición: Ata o 12 de setembro de 2022. A admisión comunicarase vía e-mail o mércores 14 de setembro.
Máis información: Adxúntase ficha técnica e formulario de inscrición ou no seguinte hipervínculo:https://voluntariadogalego.org/axenda/curso-bo-trato-base-para-unha-vida-plena
Persoas destinatarias: persoas con discapacidade ou incapacidade laboral
DURACIÓN:
100 horas repartidas da seguinte maneira:
• • 30 horas teóricas
• 70 horas prácticas • FORMACION TEÓRICA: 23 de Setembro ó 30 de setembro
• HORARIO: 9 a 14 horas
• LUGAR: CUNTIS – Polígono Industrial A Rá s/n
DATAS:
• • FORMACION PRÁCTICA: 3 de outubro ao 28 de outubro (Horario flexible según empresa de prácticas).
Realizarase en empresas o máis cercanas posibles ó lugar de residencia da persoa participante
CONTIDOS:
UNIDAD DIDÁCTICA 1. ATENCIÓN Ó PÚBLICO E SERVICIOS OFERTADOS POLA ESTACIÓN DE SERVICIOS
UNIDAD DIDÁCTICA 2. FUNCIONAMENTO DA ESTACIÓN DE SERVICIOS. SURTIDORES E LIMPEZA
UNIDAD DIDÁCTICA 3. INFORMÁTICA E MEDIOS DE PAGO NAS ESTACIÓNS DE SERVICIOS
UNIDAD DIDÁCTICA 4. PREVENCIÓN DE RIESGOS EN ESTACIÓNS DE SERVICIOS
UNIDAD DIDÁCTICA 5: MANIPULADOR DE ALIMENTOS
AS PERSOAS INTERESADAS PODEN POÑERSE EN CONTACTO COA ENTIDADE ORGANIZADORA DO CURSO:
COGAMI PONTEVEDRA. Tlf: 986 863 709
Plugins de WordPress para mellorar a túa web
Cando: Mércores 27 de xullo de 12:00 a 13:00 horas
Promociona o teu alugueiro vacacional en Booking
Cando: Xoves 28 de xullo de 11:00 a 12:00 horas
Ferramentas de Google para axudar ao teu negocio
Cando: Venres 29 de xullo de 12:00 a 13:00 horas
Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Xa están dispoñibles máis de 1.300 prazas de #formación en Galicia para mellorar a cualificación profesional do sector.
A Fundación Laboral da Construción Galicia vén de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para impartir 28 accións formativas, de carácter non formal, financiadas pola Unión Europea-Next GenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
Listaxe de cursos: https://galicia.fundacionlaboral.org/formulario/contacto-cursos-subvencionados-2022?fbclid=IwAR0i7bOiCDhK6RzoPNIo9_cYGFqsSSW1zD8jAXg5RKkNFyjHcbW0JJ8VcHc
Prazo aberto de inscrición ata o 01/08/2022
Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.
Trátase dun programa pioneiro promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
Por que?
Porque desde a Xunta de Galicia queren favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional.
O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking e dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio.
Como?
A través das seguintes accións:
1. Traballo con persoas mentoras: apoio para a inserción laboral por conta propia ou allea, a través dunha persoa mentora,que será un profesional con experiencia no sector económico do teu interese.
2. Actividades formativas: de maneira presencial. semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o teu futuro desenvolvemento profesional.
3. Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).
4. Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.
Para?
As persoas destinatarias do programa deberán cumprir os seguintes requisitos:
• Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego.
Para o caso de persoas emigrantes retornadas poderán ter rematado os estudios fóra de Galicia, sempre e cando os teñan correctamente homologados.
• Estar inscritas e ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciar as accións do programa.
• Ter máis de 18 e menos de 30 anos e 4 meses.
Cando?
Aberta a convocatoria da II Edición ata o 1 de agosto de 2022
INSCRÍBETE XA EN: xuventudementoring.gal