O CONCELLO DA ESTRADA FORMA PARTE DO POLO DE EMPRENDEMENTO E APOIO AO EMPREGO DA ZONA PONTEVEDRA NORTE E RIAS BAIXAS

23. 04. 21

Desde o Concello da Estrada temos un firme compromiso coa implementación de políticas activas de emprego que redunden na creación de traballo e actividade económica no noso municipio.

Agora formamos parte do POLO DE EMPRENDEMENTO E APOIO AO EMPREGO da zona de Pontevedra Norte e Rías Baixas. Pero en qué consiste o proxecto?

Formamos parte dunha rede na que as persoas emprendedoras XEMPRE estarán acompañadas.

Se estás pensando en emprender ou xa tes un negocio en marcha que teña novos retos por diante, podes ATOPAR AXUDA E APOIO AOS TEUS OBXECTIVOS no Polo de emprendemento e apoio ao emprego.

COMO FUNCIONAN OS POLOS?

- Un método que XEMPRE te acompañará: Un/ha titor/a de proxectos acompañarate por todo o itinerario da FORMACIÓN E DO APOIO AO EMPRENDEMENTO,

- Un método ADATADO XEMPRE as túas circunstancias: Podes incorporarte co teu proxecto cando o necesites, non temos datas de admisión nin límites. Poderás ir ao teu ritmo segundo a présa que teñas por avanzar.

- Un método cun ITINERARIO XEMPRE feito á túa medida: En función do nivel de madurez do teu proxecto, terás un itinerario adaptado ás singularidades do teu emprendemento.

Se queres recibir máis información ou concertar unha cíta podes poñerte en contacto a través dos seguintes teléfonos:

624 005 541

624 218 911

Tamén o podes facer a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

ONDE ESTÁN?

R/ Trasdeza 70 Baixo Silleda

https://polosemprendemento.gal/