ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR A AXUDA DIRECTA PARA OS VEHÍCULOS QUE NON SON BENEFICIARIOS DO GASÓLEO PROFESIONAL

23. 05. 05
Hora de solicitar a axuda directa para os vehículos que non son beneficiarios do gasóleo profesional!!!!!
 
Para aquelas empresas e traballadores/as autónomos/as que non teñen dereito á devolución parcial do imposto sobre hidrocarburos, estableceuse un sistema de axudas directas cuxo prazo de presentación abriuse o sábado 1 de abril e finaliza o próximo 31 de maio.
 
Os requisitos que deben cumprir son os seguintes:
 
- Autónomos/as e sociedades constituídas en España á data de entrada en vigor da Real Decreto-Lei.
- Titular dunha autorización MDLE ou MDPE.
- Os vehículos deben aparecer no Rexistro de Empresas e Actividades de Transporte á entrada en vigor da Real Decreto-Lei.
- O/a autónomo/a ou sociedade debe de encadrarse dentro do CNAE 4941 (Transporte de mercadorías por estrada) ou 4942 (Servizo de mudanza).
 
O importe da axuda dependerá do número de vehículos e a clase destes, e que non estean beneficiados pola devolución do gasóleo profesional:
 
- Camión (MDPE) con MMA superior a 7,5 toneladas que use GLP, GNC ou GNL: 3.690 euros.
- Camión (MDPE) con MMA inferior a 7,5 toneladas: 1.000 euros.
- Furgoneta ou vehículo lixeiro (MDLE): 450 euros.
 
 
Podes acceder tanto con Clave PIN como con certificado dixital a través da seguinte ligazón: https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/procedimientoini/DJ24.shtml