INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO CONVOCA AS AXUDAS DO PROGRAMA DE FOMENTO DE ALOXAMENTOS TEMPORAIS, DE MODELOS COHOUSING, DE VIVENDAS INTEREXENERACIONAIS E MODALIDADES SIMILARES (PLAN ESTATAL)

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de fomento de aloxamentos temporais, de modelos cohousing, de vivendas interxeneracionais e modalidades similares, do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2023 (código de procedemento VI435C)

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

a) Persoas físicas maiores de idade que posúan a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que lle sexa de aplicación. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán contar con autorización de estancia ou residencia en España.

b) As administracións públicas, os organismos públicos e demais entidades de dereito público e privado, así como as empresas públicas, privadas e público-privadas.

c) As fundacións, as empresas de economía social e as súas asociacións, cooperativas incluídas as de autopromoción ou autoconstrución, as organizacións non gobernamentais e as asociacións declaradas de utilidade pública, entidades sen ánimo de lucro e aquelas ás que se refire a disposición adicional quinta da Lei 7/1985, do 2 de abril

O prazo de presentación de solicitudes comezará o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e terminará o día 2 de novembro de 2023 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, o que será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, de acordo co previsto no artigo 32 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230621/AnuncioC3Q2-120623-0002_gl.pdf