XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA FINANCIAR ACTIVIDADES DAS CONFEDERACIÓNS E FEDERACIÓNS DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO DE CENTROS DE EDUCACIÓN ESPECIAL

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 24 de marzo de 2023 pola que se convocan axudas para o ano 2023 co fin de financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial (código de procedemento ED507A).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230411/AnuncioG0655-270323-0003_gl.pdf