XUNTA DE GALICIA CONVOCA 200 BOLSAS DE EXCELENCIA PARA A MOCIDADE DO EXTERIOR CO FIN DE CURSAR ESTUDOS DE MASTER QUE SE INICIEN NO CURSO 2021/2022 NUNHA UNIVERSIDADE GALEGA

 

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo
RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de duascentas (200) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2021/22 nunha universidade galega (código de procedemento PR911A).

Os másteres universitarios ofertados para os cales se concederán as bolsas son só os sinalados na lista do anexo I desta resolución, onde se recolle a universidade galega e o campus en que se imparten, así como o número de créditos ECTS de cada un deles.

Persoas beneficiarias
Poderán solicitar estas axudas os/as cidadáns/ás galegos/as residentes no estranxeiro cunha titulación universitaria de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a.

Quedan excluídas desta convocatoria, as persoas que xa fosen beneficiarias e desfrutasen desta bolsa en anteriores convocatorias, así como aquelas persoas beneficiaras que causasen baixa ou renunciasen a ela, sempre que o fixesen nun momento que imposibilitase cubrir a súa baixa cunha persoa da lista de suplentes.

Coa contía asignada, o/a beneficiario/a deberá afrontar todos os gastos que se xeren para poder realizar o máster. En concreto:
a) Gastos de preinscrición, administrativos e de matrícula na universidade.
b) Viaxe desde o seu país de procedencia.
c) Aloxamento e manutención en Galicia.
d) Subscrición dun seguro médico, de ser o caso.

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 30 de abril de 2021, ás 23.59 horas (hora peninsular española).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210203/AnuncioG0595-140121-0001_gl.pdf