AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAL CULTURAIS CONVOCA AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE PROGRAMACIÓN MUSICAL EN SALAS PRIVADAS HABILITADAS LEGALMENTE PARA ORGANIZAR ESPECTÁCULOS MUSICAIS CON PÚBLICO

 

Axencia Galega das Industrias Culturais
RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT302D).

Os proxectos financiados deberán:
a) Incluír unha programación mínima de 15 concertos, cun 70 % mínimo de grupos galegos, e cun orzamento mínimo do proxecto de 20.000 euros.
b) Desenvolverse integramente en Galicia nas datas comprendidas entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de outubro de 2021.

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, titulares ou arrendatarios de espazos privados, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente para organizar espectáculos musicais con público.

Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións as agrupacións de entidades que cumpran cada una dos requisitos anteriormente sinalados e poidan levar a cabo o obxecto da subvención, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Só se poderá presentar un único proxecto por solicitante. Para os supostos de agrupacións, os membros non poderán presentar proxectos de forma individualizada.

Créditos, contías e límites máximos
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, por esgotamento do crédito, sen necesidade de prelación dos proxectos entre si, de conformidade co disposto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
O criterio de repartición farase por orde de entrada das solicitudes no rexistro electrónico da Xunta de Galicia sempre que reúnan os requisitos establecidos nestas bases para ser beneficiarios. Aos proxectos subvencionados concederáselle o 80 % do orzamento presentado co límite máximo de 20.000 euros.

O importe global máximo para o financiamento da presente convocatoria será de 800.000 euros, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0 do orzamento de gastos da Agadic, código de proxecto 2010-00005.

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210201/AnuncioG1097-220121-0001_gl.pdf