DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA BOLSAS PARA DEPORTISTAS DE ALTO NIVEL (DEPO-DAN) E DEPORTISTAS PROMESA (DEPO-PROMESA) DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2021

Esta convocatoria ten por obxecto establecer as condicións, requisitos e procedementos para a concesión de bolsas ás e aos deportistas de alto nivel (DEPO-DAN) ou deportistas promesa (DEPO-PROMESA) da provincia de Pontevedra.

Será deportista de alto nivel ou promesa da provincia de Pontevedra quen obtivese a condición de deportista de alto nivel na última lista publicada.

As bolsas destinaranse a apoiar e posibilitar a súa participación nas competicións internacionais e nacionais para o ano 2021 e así axudarlles a conseguir os logros que lles permitan futuras metas deportivas.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)

 

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/07/07/2021035714