XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA SUFRAGAR OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS ENTIDADES ASOCIATIVAS GALEGAS DE PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

Consellería de Emprego e Igualdade
ORDE do 14 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento
das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento TR358A).

Esta axuda ten por finalidade sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas máis representativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.

Para os efectos deste programa, enténdese por entidade asociativa máis representativa de Galicia de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial aquela que conte con membros en, polo menos, dous sectores económicos entre os da agricultura, industria, construción e servizos.

Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexa superior ao da Comunidade Autónoma.

Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:
a) Gastos de persoal. Neste concepto só se terán en conta o salario base e as cotizacións sociais, incluídas as pagas extraordinarias.
b) Arrendamentos de locais.
c) Servizos profesionais independentes Primas de seguros.
e) Publicidade e propaganda.
f) Material de oficina, fotocopias e imprenta.
g) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas, de auga, de limpeza dos locais e aloxamento e mantemento da web.
h) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.
i) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención.
A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.
j) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo en Galicia, en particular o programa de remuda xeracional dos negocios dos autónomos, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención por participar nestas actividades non poderá superar o 50% do seu custo.
k) Gastos de arrendamento financeiro sen opción de compra (renting).

Poderase subvencionar ata o 90 % dos gastos subvencionables establecidos no artigo 7 e, en todo caso, o 10 % restante será por conta da entidade beneficiaria.

 A contía máxima da subvención non poderá exceder a cantidade de 65.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210701/AnuncioG0599-170621-0002_gl.pdf