XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR NA CCAA DE GALICIA

24. 03. 25

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 12 de marzo de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2022/23 (código de procedemento ED311B).

Persoas beneficiarias

Alumnado que cursase estudos de formación profesional de grao superior no curso 2022/23 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematase en 2023, cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50

Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2022/23 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ter rematado os seus estudos no ano 2023.

b) Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50, nos termos establecidos na normativa vixente. Esta cualificación expresarase con dúas cifras decimais, redondeada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

c) Non ter a condición de persoal docente que desenvolva ou desenvolvese a súa actividade laboral na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nos tres anos anteriores a esta convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240325/AnuncioG0655-120324-0005_gl.pdf