MINISTERIO DE EDUCACIÓN CONVOCA 2400 BOLSAS PARA FACER CURSO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS

24. 03. 19

As persoas beneficiarias asistirán a un curso organizado por empresas contratadas por este Ministerio, debendo abonar unha parte do custo.

Destinatarios/as:

Alumnos/as bolseiros/as que cumpran os requisitos establecidos:

  • Nacer entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro do 2007.
  • Obter no curso 2023-2024 a condición de bolseiro/a do Ministerio de Educación Formación Profesional e Deportes nalgún dos estudos apuntados no punto seguinte conforme á Resolución do 15 de marzo de 2023, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2023-2024, para estudantes que cursen estudos postobligatorios. (Extracto publicado no BOE do 17 de marzo).
  • Estar matriculado/a no curso 2023/24 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos: Bacharelato; Ensinos profesionais de música e danza;Grao medio de Formación Profesional; Grao medio de artes plásticas e deseño; Grao medio de ensinos deportivos; Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
  • Ter aprobadas todas as materias do curso 2022-2023 a data de finalización do curso cunha nota final mínima de 9,00 na materia de inglés.
  • Terán preferencia os solicitantes que obtivesen unha puntuación superior na materia de inglés. A esta nota sumaranse 1,5 puntos aos solicitantes de nova adxudicación.
  • Dotación
  • A axuda cobre todos os gastos de ensino, material, manutención e aloxamento. O transporte ata as instalacións corre por conta do alumno/a que, así mesmo, debe abonar 100 euros á empresa.

Prazo de solicitude: 5 de abril de 2024

INFORMACIÓN COMPLETA:https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/99/998697/ficha/998697-2024.html

ACCESO Á SOLICITUDE: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2049