DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA CURSOS DE ESPAÑOL PARA A PREPARACIÓN DO DELE A2 PARA O ANO 2024

24. 02. 27

BASES REGULADORAS DA OITAVA EDICIÓN DOS CURSOS DE ESPAÑOL PARA A PREPARACIÓN DO DELE A2 PARA O ANO 2024

As persoas destinatarias desta convocatoria son inmigrantes que reúnan os seguintes requisitos:

• Atoparse en situación regular en España

• Ser maiores de 16 anos

• Estar empadroadas nun concello da provincia de Pontevedra

• Saber ler e escribir

• Ter coñecementos básicos da lingua española (o nivel do curso será o A2 do MCER)

• Non contar cunha dispensa do Ministerio de Xustiza para realizar a proba do DELE A2

Quedan excluídas as persoas que realizasen o curso de preparación nas últimas dúas edicións.

 Ofértanse tres (3) edicións de ata sesenta (60) prazas, cun máximo de vinte (20) alumnas e alumnos por curso, segundo o correspondente a cada edición.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

O prazo de inscrición comezará o 1 de marzo de 2024 e rematará o 15 de marzo de 2024.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/02/27/2024011555