CENTRO BRITÁNICO IMPARTE CURSO GRATUÍTO DE INGLÉS DIRIXIDO A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO

23. 07. 04

As clases gratuítas presenciais para persoas desempregadas que impartirán profesores en prácticas do Curso CELTA de Cambridge do Centro Británico de Santiago de Compostela no mes de agosto.

Características:

Clases de inglés presenciais GRATUÍTAS impartidas por profesores en prácticas do curso CELTA de Cambridge, o certificado de ensino en inglés máis recoñecido internacionalmente. Imprescindible a ASISTENCIA a clase durante todo o curso.

As prazas son limitadas.

Os/as interesados/as deben contactar antes do 26 de xullo co Centro Británico chamando ao 981 59 74 90 ou ben informándose nas oficinas de Santiago.

Deste xeito indicaráselles cando poden realizar a proba de nivel oral.

A selección farase tendo en conta a orde de inscrición así como o nivel de inglés esixido para a realización do curso.

No caso de ser seleccionado/a poñeranse en contacto para indicar horarios e realizar a inscrición, momento en que se faría entrega do certificado da Oficina de Desemprego que acredite a situación actual de desemprego. Entregarase, baixo petición, certificado de asistencia ao curso do Centro Británico.

 

Persoas interesadas contactar no teléfono:  981 597 490 

De maneira presencial: EL CENTRO BRITANICO IDIOMAS S.L., Ramón Cabanillas 10-12 Bajo, 15701 Santiago de Compostela