XUNTA DE GALICIA CONVOCA CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS CELGA 2,3 E 4

23. 02. 24

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Persoas destinatarias

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas. Nos cursos presenciais, estas distribuiranse en sesións de dúas horas e media, de luns a xoves.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230210/AnuncioG0655-010223-0001_gl.pdf