CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE CONVOCA PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO DE PERSOAS MAIORES DE 20 ANOS

21. 02. 24

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do
título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

Modalidades
1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.
2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/21.

Prazo, lugar e forma de presentación de solicitudes de inscrición
1. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 3 e o 10 de marzo de 2021.
2. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210224/AnuncioG0598-160221-0001_gl.pdf