FUNDACIÓN ROBERTO RIVAS ORGANIZA A XORNADA: "A INDUSTRIA DO DEZA: A QUEN SE CONTRATA? HAI INDUSTRIA SOCIAL?" E DARÁ A COÑECER O PROGRAMA DEZAORIENTA

22. 10. 18
  • Este xoves 20 de outubro ás 10:00 realizarese en Silleda a xornada "A INDUSTRIA DO DEZA: A QUEN SE CONTRATA? HAI INDUSTRIA SOCIAL?", aberta a calquera persoa interesada, onde contaran co responsable de recursos humanos de INASUS..

Esta xornada pecha o DezaOrienta1, e xa están abertas as inscricións para DezaOrienta2:

  • DezaOrienta é un programa gratuíto de acompañamento para a búsqueda de emprego, que inclúe visitas e encontros con empresas de interese. O día 27 de outubro comeza un novo grupo de DezaOrienta, principalmente online en horario de 10 a 12, con algunhas sesións presenciais (recomendables, pero non obrigatorias).
    • REQUISITOS PARA PARTICIPAR: estar en situación de desemprego e residir en Galicia.
    • COMO INSCRIBIRSE: só hai que enviar firmada a solicitude de participación (adxunta) xunto cunha copia da tarxeta de demandante de emprego.
  •  A xornada deste xoves será no local de La Moda Rural Lab (rúa Trasdeza, 70, fronte ao concello), e aí poderán resolverse dúbidas sobre DezaOrienta

Persoas interesadas contactar: Raquel Doallo Álvarez
Tfno. 611 589 313
galicia@fundacionrobertorivas.org