O CENTRO BRITÁNICO IMPARTE CLASES GRATUÍTAS DE INGLÉS PARA PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO

22. 07. 05
As clases gratuítas presenciais para desempregados/as serán impartidas por profesores/as en prácticas do Curso CELTA de Cambridge do Centro Británico de Santiago de Compostela no mes de agosto.
 
Características: 
 
Clases de inglés presenciais GRATUÍTAS impartidas por profesores en prácticas do curso CELTA de Cambridge, o certificado de ensino en inglés máis recoñecido internacionalmente. · Imprescindible a ASISTENCIA a clase durante todo o curso.
 
As prazas son limitadas.
 
Os/as interesados/as deben contactar antes do 26 de xullo co Centro Británico chamando ao 981 59 74 90 ou ben informándose nas nosas oficinas de Santiago.
 
Deste xeito indicaráselles cando poden realizar a proba de nivel oral.
 
A selección farase atendendo á orde de inscrición así como o nivel de inglés esixido para a realización do curso.
 
No caso de ser seleccionado/a poñeranse en contacto para indicar horarios e realizar a inscrición, momento en que se faría entrega do certificado da Oficina de Desemprego que acredite a situación actual de desemprego.
 
Entregarase, baixo petición, certificado de asistencia ao curso do Centro Británico.
 
Persoas interesadas contacatar  no teléfono 981 597 490