OFERTA FORMATIVA PF GALICIA PARA O CURSO 2022/2023

22. 06. 14
Galicia reforza o seu compromiso coa FP DUAL no próximo curso cun 20% máis de ciclos e un 25% máis de prazas.
 
Ofertando 37.588 prazas en primeiro curso en centros con fondos públicos, o que supón 1.700 máis que o ano pasado, e un 52% máis que hai exactamente unha década.
 
Desas prazas, 26.400 son para os ciclos comúns, cunha vintena de incorporacións; 4.400 no réxime de persoas adultas e cinco ciclos máis; 4.300 na FP a distancia, tamén con once ciclos a maiores e un 18% de aumento; 680 prazas en másteres de FP e nove másteres que se estrean; e un total de 1.800 prazas en FP Dual, onde se ofrecerán 119 proxectos a través de 56 titulacións diferentes.